Sunday 05 de May de 2024

O Boudsport acada o terceiro posto na categoría feminina no Campionato Provincial en Idade Escolar


O Club de Taekwondo Boudsport acadou esta fin de semana o terceiro posto na categoría feminina no Campionato Provincial en Idade Escolar. A competición tivo lugar en Noia, localidade ata a que se achegaron un bo número de afeccionados e seguidores entre os que se atopaban os concelleiros de Deportes e Cultura, Ana Soneira e Xosé Manuel Mira respectivamente. Desta cita Abril Viqueira e Sara Soneira regresaron á casa con cadansúas medallas de ouro, mentres que Mateo Boudjenane e Andrea Caneda se alzaron coa prata.